Volver ao Concello

Data e hora oficial

O artigo 26.1 da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos sinala que os rexistros electrónicos rexeranse a efectos de cómputo dos prazos imputables tanto aos interesados como ás Administracións Públicas pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar visible.

Así mesmo, o artigo 6.2 j) do Real Decreto 1671/2009, de 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente dita Lei, establece que as sedes electrónicas indicarán a data e hora oficial aos efectos previstos no artigo 26.1 da Lei 11/2007.

Por último, o artigo 15.2 do Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidad no ámbito da Administración Electrónica sinala que a sincronización da data e a hora realizarase co Real Instituto e Observatorio da Armada, de conformidade co previsto sobre a hora legal no Real Decreto 1308/1992, de 23 de outubro.

Así a data e hora da Sede Electrónica da Deputación de Lugo e os seus distintos Concellos sincronizarase coa do Real Instituto e Observatorio da Armada.

A continuación pomos á súa disposición unha ligazón onde poderá observar a data e hora do Real Instituto e Observatorio da Armada:

· Hora ROA


Concello de Samos
Plaza España 1. 27627 Samos (Lugo)
Teléfono: 982546002 | Fax: 982546122
Correo electrónico: